lunes, 10 de febrero de 2020

EGAP: curso medio y superior de linguaxe xurídica galega para personal que preste servicios fuera de Galicia.



A continuación os dejamos la siguiente información relativa a Curso de Linguaxe xurídica Galega. En el DOGA se ha publicado la Resolución del 6 de febrero por la que se convocan cursos de lenguaje jurídico gallego para el personal al servicio de la Administración de Justicia que preste servicios fuera de la Comunidad Autónoma de Galicia para el año 2020.

Para cualquier información adicional os dejamos el enlace a la web de nuestros compañeros de Galicia. 

http://stajgalicia.blogspot.com/

HOXE PUBLICOUSE NO DOG A CONVOCATORIA DE DUAS EDICIÓNS DO CURSO MEDIO E UNHA DO CURSO SUPERIOR DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA PERSOAL CON DESTINO FORA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA.

Modalidade : teleformación.
Horas por curso: 75
Prazas por edición: 25
Datas de realización dos cursos: 26/02/2020 a 26/04/2020.
Data do exame final: 02/05/2020.

Requisitos dos participantes: 
a) Os cursos van dirixido a maxistrados/as, xuíces, fiscais, secretarios/as xudiciais, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución se atopen en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. 

 b) Para acceder a estes cursos é necesario ter validado ou superado, na data de publicación desta resolución, algún dos cursos que a continuación se indican: 

Para optar ao curso superior: 

– O curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño). 

Para optar ao curso medio: 

– O curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria, segundo se establece no artigo 4.4 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño). 

Solicitudes:

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP , non sendo admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil. No prazo de presentación de solicitudes establecido na letra e) desta base as persoas solicitantes deberán achegar por correo electrónico ao enderezo , xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación: 
1. Documento que acredite a antigüidade na Administración de xustiza tomando como referencia a primeira toma de posesión. 
2. De ser o caso, a documentación complementaria que acredite circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) para os efectos da selección.




O prazo de presentación de solicitudes será de oito días  contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 

Os formularios poderán ser obtidos e cubertos desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.